Mentoring persoas autonomas

Luis Peña

Fundei e dirixín empresas de formación, consultoría e startups tecnolóxicas, como Ensinia Lab e New Wave. Traballo axudando a persoas a desenvolver habilidades lingüísticas, profesionais e dixitais. Apaixóname detectar necesidades e convertelas en oportunidades de negocio, así como acompañar procesos de cambio nas empresas. Se es autónomo/a, podo achegarche ferramentas prácticas nas áreas de desenvolvemento de negocio e estratexia, xestión de equipos, xestión de proxectos, cumprimento legal, comunicación e internacionalización.