Son Óscar de Miguel, enxeñeiro informático e emprendedor. Levo máis de 20 anos creando proxectos, lanzando produtos e tomando decisións difíciles en empresas dixitais, desde startups ata compañías que creceron e traballaron con grandes marcas. Pasei por etapas de crecemento, de bloqueo, de reinvención e de aprendizaxe constante, e nos últimos anos centreime tamén na innovación e en como a tecnoloxía e a intelixencia artificial poden axudar de forma práctica aos negocios.
Como mentor, o meu papel non é dicirche o que tes que facer, senón axudarche a pensar mellor o teu negocio. A ordenar o que agora mesmo pode estar mesturado, a detectar oportunidades reais de mellora e a tomar decisións con máis claridade e seguridade. Tanto se a túa actividade é dixital coma se é máis tradicional, traballaremos sobre o teu caso concreto, con método e sentido común, para que poidas avanzar con foco e construír algo máis sólido e sostible.