Son Lucía López Ferradáns. No ano 2018 decidín embarcarme na aventura de ser autónoma. Non foi do máis fácil, pero si podo dicir que foi unha das experiencias máis enriquecedoras da miña vida.
Agora levo 5 anos co meu segundo proxecto, Abundanthia, xa que cambiei de emprendemento cando vin que o primeiro non era o camiño que quería seguir.
Abundanthia é un proxecto no que acompaño a persoas emprendedoras a mellorar a súa economía persoal e a do seu negocio, poñendo orde nos números e no diñeiro para tomar decisións que nos acheguen ao lugar onde queremos estar.
Fágoo desde a miña experiencia persoal e profesional, porque emprender con éxito non é só ter un bo produto… e ti, como emprendedor ou emprendedora, seguro que sabes do que falo